miércoles, 10 de junio de 2020

O confinamento nas nosas vidas


Nesta entrada imos falar sobre como afectou o COVID-19 nas nosas vidas. Cando todo isto comezou, a maioría de nos non esperábamos que chegase ata aquí tan rápido e en tal magnitude. Algúns de nos esperábamos estar durante menos tempo “encerrados” na casa, outros pensábamos que isto se prolongaría durante un ano…esperemos que non se cumpran as expectativas e non apareza o rebrote na época invernal!

Non cabe dúbida de que isto supuxo un cambio radical nas nosas rutinas diarias; por exemplo, acostumámonos ao uso de videochamadas, normalizáronse as clases virtuais, as nosas terapias fanse a distancia, facemos videoquedadas c@s amig@s...

Nunca pensaríamos que esta situación afectaría ata tal punto de que as persoas esgotasen produtos esenciais no supermercado, como o papel hixiénico, alimentos básicos (aceite, fariña, polo…), etc. Ademais, ao principio do confinamento só se podía ir a comprar o imprescindible, o que fixo que se incrementasen as compras online.

Durante este tempo de confinamento, o que mais nos costou en xeral foi: non poder ver ás persoas que quero e/ou abrazalas e non ver @s compañeir@as de clase/traballo, adaptarnos ás clases online, non poder saír a dar un paseo…

Por sorte, algúns de nós contamos con zonas de xardín, co cal non nos costou tanto o feito de non poder saír á rúa. Ademais, coa fase 1 xa se permitiu a saída controlada e puidéronse retomar algunhas actividades.

Por outra parte, podemos dicir que o confinamento trouxo consigo algunhas cousas positivas: reduciuse a contaminación a nivel mundial, adicamos máis tempo á familia, retomamos algúns xogos de mesa esquecidos (monopoly, parchís, xadrez, etc.), máis tempo de reflexión persoal, máis tempo para rematar manualidades, tempo para ver series e películas…

Agora mesmo parece ser que o confinamento está chegando ó seu fin, comezamos a retomar algunhas actividades pero sempre coas precaucións axeitadas. Durante todo este tempo, o que máis botamos de menos foron as xuntanzas con máis persoas (amig@s, coñecid@s...), ir ó cine, comer nun bar, ir ás nosas terapias; en xeral, ter liberdade para poder saír.

Por último, gustaríanos enumerar algunhas das medidas de seguridade que, dende que se decretou o estado de alarma, debemos ter en conta á hora de estar en contacto con outras persoas; a “nova normalidade”. Debemos normalizar o uso de máscaras en lugares públicos, desinfectar as mans constantemente (ben con auga e xabón ou ben con xeles hidroalcólicos), manter a distancia de seguridade (2 metros), evitar tocar algo que non vaiamos a levar das tendas.

2 comentarios:

  1. Esto nos costo pero aquí esta.¿Vamos a seguir subiendo cosas al blog?

    ResponderEliminar
  2. A verdade e que foi un cambio espectacular nas nosas vidas. Afortunadamente a capacidade de adaptación do ser humano é asombrosa. Nunca perdamos o optimismo! Bo post!

    ResponderEliminar

Formación en sexualidad

  Hola, hoy os vamos a hablar de la formación de sexualidad que tuvimos durante el mes de septiembre. Las charlas tuvieron lugar en el mes d...