miércoles, 27 de mayo de 2020

FIFA


Na entrada de hoxe, o compañeiro "Ectonama" vainos a falar sobre algo que o apaixona, a el e a moitos e moitas mais adolescentes, xogar ao FIFA! Lede con atención e se tedes algunha dúbida podedes escribir nos comentarios. 

FIFA é a federación encargada de controlar o funcionamento doutras organizacións máis pequenas de fútbol.

Tódolos anos, dende 1993, FIFA en colaboración con EA, unha empresa especializada en electrónica, saca un videoxogo de fútbol, cun prezo que oscila entre os 60 e os 70 euros dependendo da plataforma durante o ano de lanzamento.

O xogo esta dispoñible en 4 tipos de dispositivos: PlayStation 4 (o mais frecuente), Xbox One, Nintendo Switch (con peor calidade de imaxe) e PC ( eu recoméndoo xa que non é necesario mercar unha nova consola e pode xogarse con teclado ou conectando un mando).

A saga de videoxogos foi a primeira con temática futbolística e debido ao éxito que tivo, outras compañías intentaron recrear o xogo.

Na actualidade, conta con máis de un millón de xogadores en España, moitos máis que os cen mil que xogan ao PES, o seu principal rival.

O modo máis popular de FIFA 20 é o Ultimate Team, que é unha modalidade en liña na que cada persoa crea o seu propio  club cos xogadores que queira.

Os demais xogos de fútbol non son tan populares porque, como non contan co apoio dun gran organismo oficial, como a FIFA, teñen restricións no uso dos clubs e dos xogadores reais.


Esperamos que vos gustase! Lémonos a próxima semana :)

4 comentarios:

  1. Seguro que neste tempo de confinamento, o FIFA salvou algunha tarde de aburrimento de moitos/as adolescentes! Boa entrada "Ectonama"!

    ResponderEliminar
  2. Tendes que perdonar, pero alguén me pode explicar un pouquiñoa máis que é iso do PES? Non che entendo nadiña destas cousas!

    ResponderEliminar

Formación en sexualidad

  Hola, hoy os vamos a hablar de la formación de sexualidad que tuvimos durante el mes de septiembre. Las charlas tuvieron lugar en el mes d...