viernes, 22 de mayo de 2020

Real Madrid, o meu equipo favorito.


Nesta entrada, “Eustaquio” fálanos do “Real Madrid”, o seu equipo de fútbol favorito.

Eu son do Real Madrid porque meu avó, cando era pequeno, dicíame que era o mellor equipo do mundo. Os partidos gústanme bastante velos con el, ás veces vémolos na súa casa e outras veces na miña.

O Real Madrid leva existindo dende 1902. Eu fun ao Santiago Bernabeu, o campo do Real Madrid, cando tiña 11 anos polo regalo do meu cumpleanos en 2016, en verán, e estaba o campo en obras pero despois polo interior estaba todo moi bonito. Cando estiven en Madrid visitei a miña tía que vive alí, tamén visitei a Warner, o museo de cera e o parque do retiro.

Teño 2 camisetas do meu equipo favorito: unha de cando era mais pequeno,  de  Cristiano Ronaldo, que me regalou miña tía e, outra de Lucas Vázquez que me regalou un amigo de meu pai. Antes o meu xogador favorito era Cristiano Ronaldo porque é moi bo dianteiro pero foise a Juve e agora é Marco Asensio porque xoga moi de extremo.

Aínda que me gusta moito o Real Madrid prefiro velo que xogalo.

Se tedes algún comentario, podedes escribirnos. Espero que vos guste a miña aportación sobre o Real Madrid!

3 comentarios:

  1. Que casualidade! O meu equipo favorito tamén é o Real Madrid. Eu, ao contrario que "Eutaquio", non acostumo ver os partidos por televisión, pero si me gustaría ir ó Santiago Bernabeu! Boa entrada!

    ResponderEliminar
  2. Ya queda poco para que puedas volver a disfrutar de los partidos por la tele, vuelve la liga :)

    ResponderEliminar
  3. Que historia máis fermosa a que demostras entre ti e o teu avó. Eu a verdade non son moito de fútbol pero si me gusta cando a xente demostra a súa afición por algo! A seguir desfrutando do que nos apaixona!

    ResponderEliminar

Formación en sexualidad

  Hola, hoy os vamos a hablar de la formación de sexualidad que tuvimos durante el mes de septiembre. Las charlas tuvieron lugar en el mes d...